From Amarok Wiki

Castellano | English | Galego


Neste artigo explicarase como enviar as escoitas do Amarok ao servizo de escoitar Libre.fm.

Instalación e configuración de lastfmsubmitd

Para enviar escoitas a Libre.fm necesitarás o daemon lastfmsubmitd, así que descárgao dende os repositorios da túa distribución de GNU/Linux ou compílao a partires do código fonte.

Unha vez instalado, toca configuralo. En primeiro lugar, terás que editar manualmente o seu ficheiro de configuración, que estará nunha ruta distinta dependendo da distribución que esteas a usar. Averigua onde está, ábreo cun editor de texto como superusuario e éncheo coa túa información (usuario e contrasinal) e engade as liñas necesarias para especificar o servidor de Libre.fm:

[account]
user = nomedeusuario
password = contrasinal

[server]
url = http://turtle.libre.fm/

E xa está. Agora terás que iniciar os daemons lastfmsubmitd e lastmp, e quizais queiras preparar o sistema para que se inicien cada vez que o arrinques. O xeito de facelo dependerá tamén da distribución de GNU/Linux que esteas a usar, polo que terás que buscar como facelo na súa documentación.

Instalación de Amarok2LibreFM

Este é o paso máis doado. Só tes que descargar Amarok2LibreFM, abrir o Amarok e ir a «Ferramentas → Xestor de guións». Abrirase unha fiestra, onde haberá que premer «Instalar un guión» e buscar no sistema de ficheiros o arquivo descargado. Se o xestor de ficheiros non amosa o arquivo, próbese a baleirar o seu filtro para os resultados.

Unha vez feito, o guión pasará a estar activo en canto se reinicie o Amarok.

Configuración dos permisos

Chegados a este punto fai falla asegurarse de que o usuario co que se vai executar o Amarok teña permisos de escritura nos directorios /var/log/lastfm/ e /var/spool/lastfm/. Se dito usuario forma parte do grupo audio ─o que pode comprobarse executando con dito usuario a orde id─, debería quedar solucionado executando as seguintes ordes (con permisos de superusuario):

chown :audio /var/log/lastfm/ /var/spool/lastfm/ -R
chmod -R 775 /var/log/lastfm/ /var/spool/lastfm/